lunes, 11 de mayo de 2020

   


 Bo día familias.

 Vamos completar un pouco o traballo para esta semana   coa rutina que teríamos na aula.
  Propoño que volvamos comezar coas táboas de multiplicar e cunha ficha de problemas cada día

 PROBLEMAS

Seguimos en contacto para calquera cousa que necesitedes.

martes, 21 de abril de 2020

TERCEIRO TRIMESTRE


Ola de novo familias, como temos que seguir traballando desde a casa, vou deixar aqui  uns exercicios  de Lengua Castellana e Matemáticas para poder ir reforzando e repasando todo o que levamos dado ata agora. Recordade que non hai que agobiarse coas tarefas, nin coas datas. Vades facendo o que poidades e se tedes algunha dúbida contactade conmigo.

ACTIVIDADES PROPOSTAS PARA LENGUA CASTELLANA

Son unhas lecturas cortas para traballar  comprensión lectora, expresión escrita , ortografía e gramática.
Pode aparecer algunha cousa nova como poden ser os verbos,para que o poidan entender mellor deixovos o enlace a un vídeo explicativo

Verbos

Una lectura para cada día



ACTIVIDADES PROPOSTAS  PARA MATEMÁTICAS

Se non remataste o caderno anterior de matemáticas deixádeo para ter algo a maiores.
Agora  toca un pouco de razoamento  que seguro que será moi entretido .

CRUCINÚMEROS

NÚMERO OCULTO

ROMPECABEZAS NUMÉRICO

UNIPUNTOS

ORDENA NÚMEROS



RECORDADE QUE O CONCELLO DE A PASTORIZA TEN HABILITADO UN SERVICIO DE IMPRESIÓN PARA TODOS AQUELES QUE O NECESITEN.

CORREO: tarefasescolarespastoriza@gmail.com

TELÉFONO: 982870025



viernes, 27 de marzo de 2020

Actividades de repaso de matemáticas

Déixovos aquí un cuadernillo de Matemáticas para repasar; ide facendo con calma. Empezade polo exercicios de Numeración, que son as primeiras 20 páxinas.
http://mestreacasa.gva.es/c/document_library/get_file?folderId=500012608320&name=DLFE-1082570.pdf

REPASO DE LENGUA CASTELLANA E LINGUA GALEGA

Para  non ter que estar imprindo fichas, e como o máis importante é a lectura vamos facer a seguintes actividades.

  1. Lectura dunha ou dúas páxinas dun libro calquera que me guste.Tamén pode ser do libro de Lecturas amigas.
  2. Facer un pequeno resumo de cinco liñas do que lin, facendo oracións cortas con comas e puntos...é dicir non escribo todo seguido.
  3. Busco no texto : susbtantivos, artigos e adxectivos.
  4. Clasificoos en : masculino, feminino, singular e plural.
  5. Busco palabras con za,zo,zu,ce,ci.
  6. Copio as preguntas e exclamacións.
  7. Palabras con r forte (r,rr)
  8. Palabras con ga,go, gu, gue,gui.
  9. Faigo unha oración con cada palabra.
Todos os días facemos as actividades 1 e 2, e vamos engadindo unha máis. Todos días facemos a 9 coas palabras que nos  toque buscar.

lunes, 23 de marzo de 2020